FAC Express FAC Feminismos
FAC Express Ania González
FAC FEMINISMOS // Recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia
Venres 24 de maio 2013
FAC Feminismos: unha intervención de Ania González que tenta a construcción material dun diagrama vivinte capaz de contextualizar no interior da (contra)historiografía contemporánea a recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia. Para logralo contarase coa participación do proxecto teórico/artístico Archivo T (Genderhacker), varios casos de estudio seleccionados entre a programación cultural dos últimos anos en materia de xénero en Galicia, unha serie de entrevistas presenciais feitas o mesmo día 24 no FAC Peregrina a diferentes axentes culturais entre xs que se contan a filósofa Rebeca Baceiredo, a comisaria Anxela Caramés, a activista Mai ou a galerista María Díaz entre outrxs e unha videoteca-bibliografía misturada específicamente para a ocasión e descargable in situpolxs asistentes.
PROGRAMA
18:00 // Proxección “Armas de mujer”. Lúa Gándara, 14’28min. DV PAL, 2013
18:30 // Videopresentación “Archivo T”. Gender Hacker
18:45 // Presentación FAC Feminismos. Ania González
19:00 // Entrevista Rebeca Baceiredo (Filósofa)
19:30 // Entrevista Anxela Caramés (Comisaria)
20:00 // Entrevista Maria Díaz + Araceli Torres (Galeristas)
20:30 // Entrevista Mai Insua + Mari Fidalgo (Activistas lésbicas e feministas)
21:00 // Proxección “Armas de mujer”. Lúa Gándara, 14’28min. DV PAL, 2013
21:30 // Concerto Sr. Anido
FAC Feminismos conta coa colaboración audiovisual de Lúa Gándara quen ademáis de ocuparse da gravación das entrevistas presenta a peza de videocreación “Armas de mujer” e máis coa colaboración musical do Sr. Anido (Rafa Anido) que participa cun concerto no que presentará un tema especial creado para FAC Feminismos e baseado no libro da escritora e directora de cine francesa Virginie Despentes “Teoría King Kong” tras o que tocará outras cancións do seu repertorio habitual. Con esta colaboración, Rafa, achégase segundo as súas propias palabras, ao igual que moitos outros, a un mundo no que non está moi integrado, o do feminismo, “coa intención de enchouparse o máximo posible del, xa que é o futuro.”
http://facperegrina.wordpress.com
[portfolio_slideshow id=1884]